jueves, 29 de mayo de 2014

Intercambio lingüístico cultural

Este ano o alumnado da ESA está a facer un intercambio lingüístico cultural co alumnado de
  galego do Espazo das Linguas Ibéricas de Madrid.

Tanto os de Nigrán coma os de Madrid acolleron esta iniciativa de moi bo agrado. Xa levaron a cabo un intercambio de cartas e de correos e agora algúns alumnos de 4º e de 2º elaboraron uns documentos para ensinarlles o Val Miñor e incluso tamén amosarlles como son os seus traballos fóra do instituto.
Podédelos ver no blog de aula de falargalego. Os traballos dos de 2º son sobre a prensa local e están no blog irevir.
O alumnado da profesora Carme Lamela tamén nos ensina Madrid  na páxina do seu blog coñecemos Madrid .           

lunes, 12 de mayo de 2014

Haikus

Este ano o alumnado de 2º ciclo da ESO xa está participando na V Certame de  haikus do Val Miñor. No certame están implicados outros catro centros do Val Miñor: Covaterreña, IES Primeiro de marzo, os dous de Baiona; IES Val Miñor, de Nigrán e IES Auga da Laxe de Gondomar.

O xurado estará formado por: Fran Alonso, Elvira Ribeiro e Aida Costas e a entrega de premios terá lugar no Auditorio de Gondomar o martes 6 de maio e nel actuará Leo Arremecaghona.


O pasado martes celebramos a festa dos haikus. Asistimos á entrega de premios no Auditorio de Gondomar. O acto estivo dirixido por tres alumnas do CEIP Covaterreña e contou coa asistencia de Elvira Riveiro e coa actuación de Leo.



   

Todos os premiados con Elvira Riveiro e  Leo.

 


 Leo en diferentes momentos da actuación. Foi un éxito e os rapaces pasárono en grande.
























Noraboa aos premiados e grazas a tod@s por participar.