domingo, 30 de marzo de 2014

Obradoiro de creación literaria

No IES Escolas Proval estamos facendo un obradoiro de creación literaria para o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º da ESO.
A actividade vaina impartir Elvira Riveiro Tobío http://gl.wikipedia.org/wiki/Elvira_Riveiro que guiará aos rapaces polo máxico e misterioso mundo da creación literaria.
O obradoiro repártese entre os meses de marzo e abril os martes e os xoves.
Elvira Riveiro  vai atender os seguintes bloques:
  • Escribir tamén é xogo. Xogos da escrita.
  • Entre poesía e prosa. Textos con música.
  • Historias fantásticas. Convite á narración.
  • Contar con xeito. Textos que atrapan
  • Imaxes e obxectos que contan. Achegamento á poesía experimental.

Boa escrita.